REAL CORO TOXOS E FROLES
O Real Coro Toxos e Froles foi o primeiro en gravar, baixo a dirección do músico Darío Pazos, hai un século o Himno Galego musicado polo mindoniense Pascual Veiga, con letra de Eduardo Pondal e cuxa composición foi promovida grazas á capacidade do ferrolán para xuntar forzas Xosé Fontenla Leal. Agora se conmemoran polo tanto os cen anos de aquela histórica gravación coa Gramophone Company en 1922. En este 2022, pois, cumprense 100 anos daquelas históricas gravacións. O presidente da coral, repasa por iso esta semana con nos as historicas grabacions do Real Coro Toxos E Froles, decano dos coros galegos.