ENCRUCILLADA

ENCRUCILLADA

O grupo de música folk Encrucillada presentou alo por 2018 o seu primeiro disco, Marbán. Este sexteto interpreta temas de música popular e tradicional, algúns con referencias á cultura e a historia de Ferrolterra e veñen de publicar un EP adicado os camiños de Santiago. O grupo que esta semana nos acompaña en RadioVoz está formado por Sara, Javi, Iago, Maka, Elena e Óscar.

ACTUALIZACIÓN MARZO  y ABRIL 2024.

Con case dez anos de traxectoria musical o grupo folk Encrucillada presentaba no principio do ano os temas que forman o seu novo disco que desde hai unhas semanas podemos conseguir tamén en formato físico. Titúlase De Volta e recolle unha colección de temas que nos devolven á raíz do folk máis auténtico cunha sonoridade moi coidada no proceso de gravación. O grupo foi crecendo e integrando a compoñentes desde que xurdiu a finais de 2015 para facer música tradicional galega da man de Antonio L. Lago e os irmáns Alberto e Óscar Maceiras de Fene. A eles sumouse co acordeón, Javier Rodríguez, desde San Sadurniño. Tamén a nedense Elena Díaz incorporouse en 2019 como percusionista e voz e xa o ano pasado o ferrolán Xoán Padín, uniuse como voz masculina ao grupo. Todos se complementan e lograron o perfecto equilibrio. Non faltan instrumentos imprescindibles como as gaitas, o acordeón, a zanfona ou as percusións tradicionais, nin o saxo ou as ocarinas e as voces de Elena e Xoán para interpretar pezas populares e tradicionais. Os seus concertos leváronlles mesmo á illa de Formentera e a todos os festivais da nosa comarca. Ata o momento publicaron Marbán, o seu primeiro disco en 2018 e un E.P. dedicado ao camiño francés que publicaron en 2022. Agora en físico e dixital estrean De Volta con 12 temas nos que volven ás orixes dos bailes e festas tradicionais. A presentación oficial será no Teatro Jofre en Ferrol a finais de verán, con algunha colaboración que desvelasen moi pronto. Ademais estarán en xira ao longo de todo este ano 2024. De luns a venres poderémoslle escoitar a próxima semana no espazo Músicas de Ferrolterra en Radio Voz, cada día ás 13.30. O disco se titula «De Volta!» e foi grabado nos estudios RRstudios de Ferrol con Dany Abeledo 

Escucha...