FALTRIQUEIRA

Dende Pontedeume, onde naceron baixo o paraugas da asociación Orballo foron cobrando forma como grupo. Fusionan a polifonía coas percusións e os instrumentos acústicos. Faltriqueira son un proxecto vocal autónomo que foxe da ríxida tradición e dota de nova vida a cancións recollidas en diversas latitudes, non só na súa Galicia natal. Andante, tranquilo pero sen lentitude, como fixeron co primeiro disco, Ana, Carolina, María e Teresa foron alternando concertos e xiras cos ensaios onde seleccionaron e prepararon o repertorio do álbum confirmación. Na procura da variedade, alternan as recreacións de temas tradicionais como Vén bailar, Canteiros de Pontevedra, Dama de papel, Queridiño, ou esas Copras á Patroa nas que nos convidan ás festas da súa Pontedeume, a cantiga medieval Trobadores, e mesmo os ritmos do este europeo ou dalgún tema dos Beatles asoman nalgúns dos seus temas.

 

Escucha...