OS CEMPÉS
Os Cempés iniciaron a súa historia en 1992, debutando nun concerto benéfico en Cedeira. A primeira formación estaba composta por Óscar Fernández, Carlos Zahera, Antón Varela, Beto Niebla, Pablo Ces e Serxio Ces. Da formación orixinal o gaiteiro Carlos Zaera morreu nun accidente de tráfico o 17 de marzo en 1995 antes de poder ver o resultado das primeiras gravacións. Opaiii! foi o título escollido para o primeiro traballo, que foi gravado en varios locais galegos, conforme o grupo ía facendo concertos, e que reflicte a intención do grupo por facer música popular. Conforme o grupo evolucionou, foi cobrando máis protagonismo instrumentos como a zanfona, o acordeón e os saxo, así como aumentando tamén a presenza das pezas cantadas, compostas en base a coplas tradicionais e outras de autoría propia. A pesar deses cambios, a raizame popular do grupo segue a reflectirse tanto nas pezas escollidas (rumbas, pasodobres, fox-trot) como nas melodías doadas. Un dos aspectos importantes da formación foron os seus directos, de eminente carácter festeiro. De feito o último disco foi Moe a moa, un directo gravado en Vigo. O 11 de outubro de 2007, o grupo fixo a última actuación para despois desfacerse oficialmente.