O PEQUE CORO DO XAN VIAÑO

O PEQUE CORO DO XAN VIAÑO

O Peque Coro do Xan Viaño nace no curso 2010-2011 grazas a ilusión de 20 nenos e nenas e maila súa profesora de Linguaxe Musical, Catuxa Pita Evia. Era necesario un coro no conservatorio, xa que a música coral ten un papel indiscutible na aprendizaxe musical, así como é un ferramenta poderosa na trasmisión de emocións e valores, grazas ó poder da palabra. Sen esquecer a marabillosa experiencia vital que supón para tódolos nenos e nenas. Nese mesmo ano, incorpórase como pianista Alexandra Pita Evia, pianista acompañante do Conservatorio.
Cada ano medraba o interese pola música coral ata os 90 pequecoristas que consititúen a actual formación. No 2016 foi preciso crear un novo coro xuvenil, constituído por 40 rapaces e rapazas: O Peque Coro in crescendo.

Escucha...