XOÁN RUBIA

XOÁN RUBIA

Achegámonos as cancións do cantante mugardés Xoán Rubia, un músico galego vencellado á canción de corte social. O seus primeiros traballos verán á luz da man da casa catalá Edigsa, que centra a súa aposta no músico en crear unha figura intermedia entre o pop comercial que representaba Andrés do Barro e a canción fortemente politizada de Voces Ceibes. Boa parte da súa carreira musical oscilará entre estes dous extremos, combinando cancións políticas, con outros temas de inspiración sentimental ou adaptados do cancioneiro popular. Xoán, que continúa ofrecendo recitais nos que repasa o seu extenso repertorio, prepara un libro no que recolle todo o acontecido o longo dos seus anos adicado a música.

Escucha...