XABIER VIZCAÍNO
O cantautor, ainda que natural do Incio está moi vencellado con Ferrol donde e un dos organizadores do certamen musical O Talentiño. Convidamos a formar parte da familia de Músicos de Ferrolterra porque Xabier Vizcaíno acaba de lanzar o sinxelo Tóxico. Trátase dun adianto do que será o seu cuarto disco que prevé lanzar ao mercado a finais deste ano. Segundo o artista a nova canción mantén a esencia melódica que o caracteriza, pero introduce un novo tema na súa música: o amor tóxico. «Sempre escribín sobre o amor, pero nunca tratara esta faceta. Tóxico fala dunha historia de amor no mundo tóxico que estamos creando» asegura. O músico de O Incio publicou fai catro anos o seu último disco, que leva por título Neno de monte. Anteriormente sacou ao mercado Diáspora (2017) e Alas de papel (2014)