ÓSCAR FOJO

ÓSCAR FOJO

De Ventos e Lúas é o primeiro disco de Óscar Fojo en solitario no que conta con músicos que o acompañan desde hai anos noutros proxectos como El Viejo Caracol, La Patraña, Zinza, Chareta. Neste disco hai, ademais, colaboracións especiais de moitos artistas de diferentes ámbitos musicais como Guadi Galego. Todas as composicións son propias tanto letras como música e abarcan cantidade de estilos musicais onde se poden apreciar pinceladas de rock, folk, jazz, reggae…
Gravado nos RRStudios de Ferrol por Danny Abeledo e masterizado por Melo García entre novembro do 2018 e abril do 2019 foi levado a cabo grazas a unha exitosa campaña de crowdfounding

Escucha...