MARÍA MANUELA

MARÍA MANUELA

Manuela comezou a súa carreira musical como solista, gravando un sinxelo en 1974, que incluía as cancións «Pedro Chosco» e «Ana Mariña». Xa en formou un dúo con Miguel e gravou seis discos máis, dous ese mesmo ano―Idioma meu e Panxoliñas― e en 1979 Cantigas para nenos e neneiros. En 1982 gravou o álbum Ergueremo-a espranza. A principios dos anos noventa lanzou dous álbums máis, Barco na alba (que incluíu dúas pezas compostas pola propia María Manuela sobre cantigas medievais, e Imos cantar xuntos, álbum infantil realizado en colaboración co grupo Ledicia, do colexio Manuel Masdías de Caranza. En 1999 continuou a súa carreira en solitario cun álbum adicado a Miguel (Para Miguel). Ademáis de numerosas colaboracions con outros artistas e acompañada polo seu fillo Xurxo. Na edición 2020 dos premios Martín Códax que outorga anualmente a asociación Músicas ao vivo recibiu o premio honorífico  pola súa dilatada e comprometida traxectoria artística. Deste xeito quixeronlle render «unha homenaxe especial a unha muller igual de especial, querida e admirada por todo o que representa» e tamén por deixar a súa pegada na música de Galicia «facendo dela e dá nosa lingua as ferramentas para loitar por un mundo mellor», apuntan desde Músicas ao Vivo. 

Escucha...