GUADI GALEGO
Guadi Galego é unha das artistas máis relevantes da escena galega actual, froito dunha carreira musical que comeza sendo moi nova. Ten participado en proxectos musicais como Berrogüetto, Espido (con Guillerme Fernández) ou Nordestin@s (con Abe Rábade y Ugia Pedreira).
En 2009 lanzou o mercado o seu primeiro traballo en solitario, Benzón, album aclamado pola crítica galega e española co que inicia a súa carreira , sen deixar de participar noutros proxectos, como aCadaCanto xunto aos músicos Xabier Díaz, Guillerme Fernández e Xosé Lois Romero. A partir de 2014 chegan os seguintes traballos Lúas de outubro e agosto, O mundo está parado, o EP Bóla de cristal (2018). En 2015 recibe o Premio da Crítica Galicia na categoría de Música. En outubro de 2019 publica Immersion, un traballo no que reinterpreta temas dos seus tres discos anteriores cantados en sete linguas peninsulares: galego, catalá, castellano, asturianu, aranés, euskera e portugués, contando con colaboracións de numerosos artistas: Alex Insua, Judit Neddermann, Clara Peya, Vega, Iván Ferreiro, Silvia Quesada, Alfredo González, Alidé Sans, Javier Otero, Lisandro Aristimuño, Germán Díaz, Mikel Urdangarín, Andrés Suárez, Ana Bacalhau, Abe Rábade, Sisters in the house e Xabier Díaz.
Por este traballo, foi galardoada co Premio á Promoción da Realidade Plurilingüe do Estado 2020. Este ano volve recibir o Premio Martín Códax da Música á Mellor Artista en la categoría de Indie/Pop. Xa en 2020, publicou o seu 5º disco en solitario, Costuras. en a finais de 2022 sacou ROIBÉN. Agora acaba de publicar o tema O.D.A. que presentara o longo desta semana no programa