ZAVALA

Zavala é un dos proxectos musicais nos que está implicada como vocalista a ferrolá Carla Romalde (voz, frauta travesera), xunto con Ana Lage (baixo, piano, acordeón, coros), Elena Zas (piano, viola, coros), Carlos “Kos” Castro (programacións, bases, visuais) e Víctor Ledo (guitarra, coros).
Letras, intimistas e persoais, colorean o amplo abano musical, que vai desde o máis acústico e simplista a pasaxes máis sintéticas. Zavala aséntase na música en galego cunha proposta innovadora, contemporánea e moderna que mira de fronte ás novas texturas sonoras, con guitarras sintetizadas, samples, sintetizadores e bases electrónicas, que mesturan de maneira natural con guitarras acústicas, pianos, frauta travesera ou acordeón.

Escucha...