BELLÓN MACEIRAS
O dúo formado por Daniel Bellón e Diego Maceiras protagonizan este espacio permitíndonos escoitar unha selección de temas dos seus discos Unión das Terras, Folkfusión e TEN, os tres primeiros discos publicados ó longo dos máis de dez anos que levan traballando xuntos como BellónMaceiras
O grupo tamen publiocu o seu primeiro conto musicado dirixido ao público infantil e familiar construído a partir dun texto de Pepablo Patinho. O dúo fenés compuxo a banda sonora de A Música dás buguinas, unha selección de temas populares e obras propias. Das ilustracións do conto ocupouse Leandro Lamas, e Gloria Mosquera, de Mamá Cabra, convértese na narradora. O libro-disco está dispoñible na web www.bellonmaceiras.com e na Escola de Música BellónMaceiras en Fene. «O mundo de Roque, o neno que escoitaba os sons do mundo a través dá súa buguina» sinalan Daniel e Diego, «pretende achegar a música tradicional galega ó público infantil e facer que os adultos a redescubran». Un traballo cunha coidada selección dos xéneros máis coñecidos e queridos da nosa tradición: muiñeiras, alboradas, pasodobres, pasacorredoiras ou regueifas forman parte deste novo traballo dos músicos feneses. Con eles xa repasamos fai tempo alguns dos temas destacados dos seus traballos FolkFusion, Unión das terras e TEN